jueves, 5 de agosto de 2010

Canta tontería xunta


Onte pola noite había un monólogo na praza do concello de Baiona. Si home, de ese rapaz que saiu da telegaita e que agora traballa no clube do chiste nunha tele nacional. Si home, ese tan ben feitiño, o "Duque Galego" como di que o chaman en Madrid ( que menuda putada, porque que o comparen co duque de Lugo, o único Duque que él coñece, non é prato de bo gusto, segundo el explicou).


Bueno, pois nin fu nin fa me facía a min ir a ver o susodito, pero a verdade e que pagou a pena. Acabamos todos cantando cancións de Herdeiros da Crus, así que xa vos facedes unha idea.

Iso sí, había tanta tontería xunta na praza do noso concello que, entre gargallada e gargallada que sacaba dos nosos peitos o Daviciño, houbo un par de cousas polas que case podería terme botado a chorar. E non, non estou criticando os seus chistes, nin a él nin o seu monólogo. Foi a xente. Coma case sempre.


Primeiro, atención a señora que marcha do monólogo co moño indignado porque, e cito:


- ¡Bah!, En gallego ..... (añadide un tono así un pouco despectivo)


Case deron ganas de sair correndo detrás da señora, dicirlle:


- Si, señora. En gallego. Qué está usted en Galicia. Seguro que cuando viaja usted al extranjero, no se extraña de que los espectáculos sean en otros idiomas ¿no?.

E seguro que lle parece ata pintoresco. O que pasa que o mellor a señora non saíu nunca da nosa castiza España, porque iso axuda a abrir as miras...as veces, e as súas eran mais ben cortiñas.


Non sei se foi por este comezo, que logo todo o que o rapaz dixo tivo coma outro sentido. Porque todo o que el dixo, falaba de nós. Das nosas festas, das nosas avoas, das nosas xentes. Da nosa lingua e do noso acento, porque queiramos ou non, constantemente falamos galego. E todo o que dixo era tan verdadeiro e auténtico coma esta terra verde nosa na que vivimos. E todos rimos, rimos, e moito, de nós mesmos. O que me desmostrou que os galegos e as galegas somos xente intelixente.


Todos menos algúns, porque atención a segunda xogada da noite:


Pídeme paso un mangallón, que quere chegar a un muro onde están subidos uns rapaces.


- Teneis que bajar de ahi.

- ¿Por qué?- contesta un adolescente ben peiteado.

- Porque lo dice el alcalde- contéstalle o outro.

E entón:


- Pues el alcalde es mi padre, así que....


Noxo. Non o dubidedes que o mangallón tivo que marchar deixando o neniño subido no muro.


¿Sabedes esa gota de suor que lle aparece os debuxos animados cando algo os deixa KO? A miña onte era do tamaño de Rusia. Tanta era a rabia que quería baixar o neno do muro polos pelos, chamarlle pijo e malcriado. Dicirlle que , co bonito que é ser humilde e todas esas cousas...Que se non sabe que esa Play Station que ten na casa saíu dos nosos petos. E tamén dicirlle que todo iso de ser "fillo de" non mola e está xa pasado de moda.

O malo é que non o esta.
Eu quero a Baiona, moito. Quéroa tanto que ata fago esforzos por facer coma que non me entero de que o clube de Iates come a nosa costa ou que os meus veciños pasan os veráns escravizados para gañar uns cartiños a conta dos jodechinchos con Iates.
Pero hai cousas que nos poñamos coma nos poñamos, non. E o fillo do alcalde, non. E os fillos soen parecerse os pais. Así que queda dito.


1 comentario: